Deportes

- Suspensión Actividades no Pavillón de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

Suspensión Actividades no Pavillón de Rianxo

O Servizo de Deportes informa que o venres, 16 de outubro, celebrarase no Pavillón Municipal de Rianxo a XXVII Gala dos Dolmen de Ouro, organizada pola Federación de Empresarios do Barbanza (FEB).

Con motivo da preparación do evento, suspéndese toda a actividade deportiva no pavillón desde o martes 13 ao sábado 17 de outubro.

Os usuarios/as das actividades deportivas poderán asistir ás sesións programadas noutras instalacións municipais.

As actividades reanudaranse o luns 19 de outubro.