Deportes

- Torneo Fútbol Praia - concelloderianxo

Actualidade

Torneo Fútbol Praia

A Comisión de Festas de Taragoña, Terra e Mar, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza para os vindeiros 20 e 21 de xullo un Torneo de Fútbol Praia que se disputará na praia da Torre.

Vai dirixido a maiores de 15 anos e o prezo da inscrición é de 20 € por equipo. Os equipos poden inscribirse no Pavillón de Rianxo, no Bar Xuntanza ou no Chiringuito da Torre.