Deportes

- V Bandeira Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

V Bandeira Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo

Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Ramón Vicente, Presidente do Club de Remo Rianxo, presentaron a V Bandeira de Bateis "Confraría der Pescadores Virxe do Carme", que se celebrará o vindeiro sábado, 2 de abril a partir das 16 h. en augas da ensenada de Rianxo.

Adolfo Muíños destacou que se trata dunha proba clásica dentro do calendario deportivo de Rianxo, téndolle ademais "especial aprecio por formar parte da tradición da vila, xa que Rianxo non se entende sen mar". Agradeceu o traballo e implicación do club de Remo Rianxo co deporte rianxeiro, que fai que as augas de Rianxo se enchan día tras día de deportistas que se forman e disfrutan co remo.

Ramón Vicente explicou que na regata participarán 14 clubs de toda Galicia, con bancadas en todas as categorías, tanto masculina como feminina, chegando ata un total de 400 deportistas. Para o club é un orgullo que esta regata se consolide e agradecen a colaboración da Confraría, do Concello e de empresas e patrocinadores. A proba rematará arredor das 18:30 h., e procederase á entrega da bandeira para o club gañador, trofeos para os primeiros clasificados e medallas para os participantes nas categorías de base.