Deportes

- VII Torneo Internacional Concello de Rianxo de Xadrez - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

VII Torneo Internacional Concello de Rianxo de Xadrez

Celebrouse na Casa do Concello a presentación do VII Torneo Internacional Concello de Rianxo ca presencia de Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Néstor Martínez, Secretario do Club Xadrez Rianxo.

Adolfo Muíños resaltou a importancia deste evento para Rianxo e traballo feito polo Club Xadrez Rianxo ao longo destes anos, especialmente coas categorías de base. Falou tamén da estreita colaboración e entendemento existinte entre o Concello e o Club Xadrez na promoción e fomento desta modalidade deportiva.

Néstor Martínez sinalou que, unha vez rematado o plazo de inscripción,  xa se pode afirmar que estamos na edición de maís participación das celebradas ata o de agora xa que se achegará a Rianxo 300 xogadores de xadrez procedentes de todos os recunchos de Galicia pero tamen de outras comunidades autónomas. Sen esquecernos da presenza internacional, con representantes de alomenos sete nacionalidades.

O nivel deportivo tamén está garantido coa presenza de seis Grandes Mestres de xadrez, entre os que esta o varias veces Campeón de España GM David Lariño.

Rematouse a rolda de prensa invitando aos afeccionados a este deporte a acercarse o Pavillon Municipal para asistir a una das grandes probas do calendario de xadrez.