Deportes

- VII Travesía a nado "Vila de Rianxo" - concelloderianxo

Actividades

Actualidade

VII Travesía a nado "Vila de Rianxo"

O domingo 18 de xuño, a partir das 11:30 h, celebrarase a  VII Travesía a Nado "Vila de Rianxo", organizada pola Piscina Municipal de Rianxo, en colaboración co Servizo Municipal de Deportes.

A competición desenvolverase no peirao de Rianxo. Haberá 5 categorías coas seguintes distancias:

  • Categoría A: 3000 metros.

  • Categoría B: 2000 metros.

  • Categoría C: 1400 metros.

  • Categoría D: 900 metros.

  • Categoría 12/16: 900 metros.

O prazo se inscrición está aberto ata o xoves 15 de xuño ás 23 h, e formalizarase en liña.