Deportes

- XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo e I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina - Concello de Rianxo

Actualidade

XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo e I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina

O domingo 16 de agosto disputarase en Rianxo a XVII Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo" e a I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina organizadas polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo.

A regata masculina pertence ao calendario da LGT-A 2020, da que o Club de Remo Rianxo forma parte e a feminina á Liga Galega.

A cita é a partir das 11:30 h para a bandeira feminina e ás 12:00 h para a bandeira masculina no peirao de Rianxo.