Actividades tempada 2022/23 - Concello de Rianxo
Actividades deportivas (a partir do 3 de outubro e ata o 26 de maio do 2023)
Inscrición en liña: unha vez que se cubran os datos na mensaxe de confirmación aparecerán as instrucións para completar o pago.
- Formulario de inscrición
Por teléfono (981 86 63 81).
No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña. Lembra que se tes problemas para pasar pola oficina en horario de mañá, no pavillón atendémoste tamén en horario de tarde.
Horarios
Consulta os horarios das actividades premendo na seguinte ligazón:
- Horarios inverno 2023
- Actividades na Piscina Municipal: na piscina (981 86 00 86).
Prazo de inscrición
- Actividades deportivas: do 21 de setembro ao 26 de maio
- Escolas deportivas clubs: prazo xa aberto por cada club.
- Actividades na Piscina Municipal: prazo xa aberto.
Calendario de actividades
Actividades deportivas:
- 3 de outubro ao 26 de maio
Actividades na piscina:
- Consultar na Piscina Municipal