Xuventude

- Inmersión lingüística para mestres - Novas de interese

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Inmersión lingüística para mestres

O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 592,28 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Poden ser beneficiarios/as os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2011-2012, 2010-2011, ó 2009-2010, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 8,00 puntos; ou os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 8,00 puntos, nalgún dos seguintes cursos: 2011-2012, 2010-2011, ó 2009-2010.

Os cursos, en inglés especializado nas áreas de Sociais, Ciencias e Inglés terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os cursos terán lugar en Santander, Cuenca, Valencia, Granada, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 9 de decembro de 2013.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2013.

Convocatoria BOE

00

More Blog Entries

Engadir comentarios