Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do pleno da corporación municipal do vindeiro 1 de decembro de 2016 - Concello de Rianxo

Ordes do día das sesións do Pleno

Orde do día da sesión ordinaria do pleno da corporación municipal do vindeiro 1 de decembro de 2016

O vindeiro xoves 1 de decembro de 2016 ás 20:00 horas terá lugar na Casa do Concello unha sesión ordinaria do pleno da corporación municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. - Aprobación de actas
2. - Dación de conta das Resolucións de Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno
3. - Dación de conta da Resolución de Alcaldía nº 505/2016 de 19 de outubro das Modificacións das atribucións da Xunta de Goberno
4. - Aprobación do recoñecemento extraxudicial 12/2016
5. - Incremento do límite máximo das gratificacións para os funcionarios municipais e da produtividade de todo o persoal
6. - Ampliación dos límites cuantitativos relativos ao prezo de aluguer do contrato de arrendamento  do equipamento de impresión e dixitalización
7. - Operación de préstamo. Anexo de investimentos do orzamento do 2016.
8. - Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2015
9. - Aprobación definitiva da Desafectación da escola-vivenda da Vacariza
10. - Solicitude á Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, a regularización dos requisitos e para os efectos da declaración de interese turístico de Galicia das Festas da Guadalupe de Rianxo
11. -  Incoación do expediente do Servizo dde Axuda no Fogar e delegacion da competencia
12. - Moción do día internacional contra a violencia de Xénero, presentada polo PSOE o 24-11-2016
13. - Moción de posta en funcionamento do orzamento participativo, presentada por Rianxo en Común o 25-11-2016
14. - Moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica, presentada polo BNG
15. - Moción de Creación de un carril bici e un sistema de préstamo público de bicicletas, presentada por Rianxo en Común o 25-11-2016
16. - Moción para garantir o subministro eléctrico ás persoas sen recursos, presentada polo BNG o 25-11-2016
17. - Rogos e preguntas