Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 30 de marzo de 2017 - Concello de Rianxo

Ordes do día das sesións do Pleno

Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 30 de marzo de 2017

O vindeiro luns 30 de marzo de 2017 ás 20:00 horas terá lugar na Casa do Concello unha sesión ordinaria do pleno da corporación municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta nº 2-2017 do Pleno ordinario do 20 de febreiro de 2017
2. Dación de Conta das resolucións de Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno
3. Dación de conta do informe de avaliación da anualidade 2015 do Plan de Saneamento Financeiro 2009-15
4. Dación de conta do informe trimestral de seguimento do Plan de axuste do artigo 10 da Orde Ministerial do 1 de outubro de 2012. Período: 4º trimestre do 2016
5. Modificación do regulamento de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Rianxo
6. Aprobación do recoñecemento extraxudicial 11/2017, referido ás facturas incluídas na relación H/2016/11.
7. Aprobar o nome de Sala Arcos Moldes ao teatro do Auditorio de Rianxo
8. Nomeamento do xuíz substituto do Xulgado de Paz do Concello de Rianxo
9. Nomeamento do xuíz titular do Xulgado de Paz do Concello de Rianxo
10. Solicitar á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia autorización das tarifas de taxis do Concello de Rianxo.
11. Nomeamento da comisión de estudo para a xestión dos servizos municipais de subministro auga potable a domicilio e saneamento (artigo 97 do TRRL)
12. Moción do grupo municipal de Rianxo en Común: Mellora no sistema de limpeza de cunetas e beiravías.
13. Moción do grupo municipal de Rianxo en Común: Adecuación do tendido eléctrico do Concello de Rianxo.
14. Moción do grupo municipal de Rianxo en Común: Creación de locais de ensaio
15. Rogos e preguntas