Servizos Sociais

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia da COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). - A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia da COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Axudas comedor escolar- xestión directa. COVID-19

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

É dicir, as familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1 €.

Finalidade

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. É dicir, axúdase economicamente á manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50 € de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

Axuda económica

(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

Días subvencionados

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ao 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: se se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo)

Procedemento de pago

En dous pagamentos.

1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

​​​​​​​2 pagamento: se se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

Beneficiarios

Familias que cumpren os requisitos económicos (gratuidade do comedor ou pago de 1€)  con un ou máis fillos escolarizados en centros educativos ao cargo da Consellería de Educación.

Presentación da solicitude e prazo

Prazo: dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ambos incluídos

Presentación:

Forma electrónica sempre, de dúas formas:

1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para isto é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

2. Dirección do centro: CEIP ADR Castelao (é o único colexio do concello con comedor xestionado pola administración).

Resolución

Cada familia saberá se é beneficiaria por ingreso en conta bancaria. Resolverase en 10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Pagamento

A Xunta de Galicia fará o ingreso en conta 5 días desde que saia a resolución.

Noticia Xunta de Galicia

Doga núm. 62

CEIP ADR Castelao

 

Nota informativa: A Xunta de Galicia tamén pon á disposición das familias con menos recursos, 1.000 ordenadores con Internet gratuíto para os cursos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Os equipos facilitaranos a través do centro educativo, no caso de Rianxo, o IES Félix Muriel.