Servizos Sociais

- Axudas do BONO CONCILIA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas do BONO CONCILIA

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 3 de agosto de 2018.

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de 0-3, non sostidas con fondos públicos (DOG no 126 do 03/07/2018).

TIPO DE AXUDA: unha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil de 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de 11 meses. A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Familias con menores nacidas con posterioridade ao 31 de decembro de 2015 que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
1. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2018/19 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
2. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2018/19 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
3. Obter praza en escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2018/19 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2017/18 e solicitala para a mesma nena ou neno.
5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2018/19 e obter praza nunha escola pública para un irmán ou irmá, tendo marcado a opción do Bono Concilia na súa solicitude.
6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos. As persoas interesadas que se atopen nos supostos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3, optarán automaticamente ao programa do Bono Concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar unha nova solicitude.
Poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

MÁIS INFORMACIÓN