Servizos Sociais

O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e educación primaria e secundaria, para o curso escolar 2019-2020 - Axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar e roupa e material deportivo para o curso 2019-2020 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar e roupa e material deportivo para o curso 2019-2020

O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e educación primaria e secundaria, para o curso escolar 2019-2020

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS

1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de:

  • Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias)

  • Material escolar

  • Roupa e material deportivo

2. O alumnado de ensino primario e secundario obrigatorio poderá acceder ás axudas de:

  • Material escolar: débese acreditar que coa axuda recibida da Consellería de Educación para esta mesma finalidade non se sufragou a totalidade do gasto realizado.

  • Roupa e material deportivo.

TIPO DE AXUDA

  • Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias): contía máxima da axuda do 75% da factura presentada.

  • Material escolar: contía máxima da axuda de 50,00 €. O alumnado de primaria e secundaria deberá acreditar que, coa axuda recibida da Consellería de Educación para esta mesma finalidade, non se sufragou a totalidade do gasto realizado.

  • Roupa e material deportivo: contía máxima da axuda de 75,00 €.

REQUISITOS

  • As axudas irán destinadas ao alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria que dispoñan na súa unidade familiar de rendas familiares inferiores ao 1.5 do IPREM.

  • As familias destinatarias deberán ter a residencia e o empadroamento real e efectivo no Concello de Rianxo.

  • O alumnado destinatario deberá ter, no curso escolar 2019-20, a matrícula realizada nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Na sede electrónica do concello de Rianxo ou ben no Rexistro Xeral, de luns a venres.

PRAZO DE SOLICITUDE

Vinte días naturais contados a partir da publicación no BOP núm. 172 do 11 de setembro de 2019

MÁIS INFORMACIÓN

  • Enderezo web da Sede electrónica: https:// sede.concelloderianxo.gal

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estrada de Tanxil, 12. // 981 860061)

  • Rexistro Xeral do Concello de Rianxo