Servizos Sociais

- Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía persoal.

TIPO DE AXUDA

  • Axuda económica para adquirir servizos de promoción da autonomía persoal: servizos de respiro familiar a través de axuda no fogar, atención diúrna ou atención residencial; Xantar na casa; atención temperá; promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica...); habilitación psicosocial (servizo de acompañamento e intérpretes...); apoio para o desenvolvemento profesional e social para persoas dependentes en idade laboral e servizo de transporte adaptado e asistido. Ver táboa dos servizos contemplados e a contía das axudas.
  • Axuda económica para adquirir servizos complementarios de asistencia persoal.

REQUISITOS XERAIS

  • Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Tamén os pensionistas de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia que non supere o 300% do IPREM establecido para o ano 2018.
  • Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral par obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9-2007, d0 13 de xuño,no RUEPSS.

INCOMPATIBILIDADES

  • Coa percepción doutras prestacións derivadas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD).
  • Dun recurso do Sistema gelego de Servizos Sociais incluído como prestación do catálogo de servizos  (SAAD).
  • Doutras axudas procedentes de calquera Administración pública ou ente público, que teña como finalidade a adquisición dalgún servizo de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal.
  • Só poderá concederse unha axuda por persoa solicitante vinculada a un só servizo de promoción da autonomía persoal.

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA

A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións que fosen obxecto da axuda ao fin do período subvencionable. A data límite para presentar a xustificación será o 10 dedecembro de 2018.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 19 de novembro de 2018

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • A solicitude presentarase preferentemente por vía electrónica a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

MÁIS INFORMACIÓN

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo

 

Formulario da solicitude e anexos para a súa presentación en formato papel