Servizos Sociais

- Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables.

Requisitos

  • Que os ingresos totais de todas as persoas que conviven no domicilio no momento de presentar a solicitude, non superen o IPREM (6.390,13 € anuais) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.
  • Ter a consideración de consumidora vulnerable severa segundo os requisitos establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017.
  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ser a titular do contrato de subministración eléctrica.
  • Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo.
  • Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante informe social expedido polos servizos sociais.
  • Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei de subvencións.

Tipo de axuda

Os gastos subvencionables serán o 50%  do importe das facturas de electricidade ou gas natural correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante,  que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018. A contía será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 €/ano, ou de 400 €/ano no caso de familias numerosas.


Presentación da solicitude

  • Presentación electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e http://sede.xunta.gal
  • Oficinas da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña)
  • Oficinas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 17 de decembro de 2018

Máis información

  • Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
  • Teléfonos de información: 981 957 024 e 981 545 574
  • No enderezo de correo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.es
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo