Servizos Sociais

- Becas municipais. Curso 2013-2014 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Becas municipais. Curso 2013-2014

Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2013-2014. Educación infantil, primaria e E.S.O.

1.- Destinatarios/as

As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ao alumnado de educación infantil.

As axudas para material escolar van dirixidas ao alumnado de educación primaria e de ensino secundario.

2.- Requisitos

Residir e estar empadroado/a no Concello de Rianxo

Estar matriculado/a no curso 2013-2014 nun centro de ensino público do Concello de Rianxo

Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 100% do IPREM.

Bases da convocatoria

Anexo 1: Solicitude

Anexo 2: Declaración obrigas

Anexo 3: Xustificante de alugueiro

Anexo 4: Declaración de axudas


O prazo remata o 8 de outubro ás 14:00 horas.

A documentación presentarase no Rexistro Xeral do concello en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres e de 09:30 a 13:30h os sábados.

 

 Máis información / solicitudes / etc:

         Servizos Sociais Comunitarios (crta de tanxil, 12)

         Horario atención: 10:00-14:00

         Teléfono/s: 981 860 061/ 667 185 588/ 667 185 593

         servizos.sociais@concelloderianxo.es