Servizos Sociais

- Becas municipais curso 2014-2015 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Becas municipais curso 2014-2015

En sesión da Xunta de Goberno Local do 11/09/2014 aprobaronse as bases reguladoras da Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisión de libros e material escolar a familias con escasos recursos económicos, curso escolar 2014-2015. Educación infantil, primaria e E.S.O.

 

Beneficiarios/as

 

Alumnos/as que cursen estudios de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

 

As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ós alumnos/as matriculados/as nos cursos de Educación Infantil, sempre que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria; para os alumnos/as matriculados/as nos cursos de educación primaria e ESO as axudas irán destinadas a sufragar os gastos do material escolar.

 

Requisitos

 

· Residir e estar empadroado/a no Concello de Rianxo

 

· Estar matriculado/a no curso 2014-2015 nun centro de ensino do Concello de Rianxo

 

· Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 100% do IPREM

 

 

 

Prazo: A partir do día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia 20 días naturais.

 

 

Bases reguladoras becas municipais

Anexo 1. Solicitude

Anexo 2. Declaración obrigas

Anexo 3. Xustificante alugueiro

Anexo 4. Declaración de axudas

 

Máis información e solicitudes:

Sede electrónica do Concello de Rianxo

Servizos Sociais (Crta. de tanxil, 12)

Horario de atención: 10:00-14:00

Teléfonos: 981860061/667185588/667185593

servizos.sociais@concelloderianxo.es