Servizos Sociais

- Benestar a través da Talasoterapia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Benestar a través da Talasoterapia

Este ano 2018 ponse en marcha o "Programa de benestar a través da talasoterapia", coa finalidade de facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas nas que a climatoloxía non nos permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

O programa contempla o aloxamento, manutención en réxime de pensión completa, acceso diario ao circuíto mariño e póliza colectiva de seguro turístico. Ofértanse un total de 210 prazas con estadías de 6 días (5noites) nos talasos de Galicia e nos meses de outubro a novembro.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

  • Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.
  • Estar empadroado/a e residir nalgún concello de Galicia.
  • Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa. Non se contempla ningún tipo de apoio para persoas que non poidan valerse por si mesmas.
  • Non pader alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.

ACOMPAÑANTES

A persoa solicitante podera ir acompañada:

  • O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o requisito da idade.
  • Calquera persoa coa que desexa participar no programa, sempre e cando cumpra todos os requisitos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 31 de xullo.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.
  • Consellería de Política Social. Dirección xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia. http://politicasocial.xunta.gal/we/portal/portada-de-maiores
  • Teléfono Social: 900 333 666

 

Solicitude