Servizos Sociais

- Bono coidado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono coidado

 

 

 

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

Persoas beneficiarias

Pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que se atopen nos supostos seguintes:

  • Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31/12/2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31/12/2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000€, ou os 13.500€ per cápita (terase en conta a declaración do IRPF 2017)
  • Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño.

Tipo de axuda

Consistirá nunha achega (de contía variable en función da renda per cápita da unidade familiar) para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais - ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia- previstos no Decreto 329/2005, nos seguintes supostos:

  • Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persoa coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

Contía da axuda

Estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

  • Ata 3.750€: 14 €/hora.
  • Superior a 3.750 e ata 7.500€: 11 €/hora.
  • Superior a 7.500 e ata 10.000€: 9 €/hora.
  • Superior a 10.000 e ata 13.500€ ou superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiaria: 7 €/hora.

Período subvencionable

Entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. Concederanse un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado. O número total de horas concedido incrementarase un 15% por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a seguinte documentación:

  • Solicitude de pagamento (anexo III).
  • Facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados, onde conste a identidade da persoa que recibe o servizo e o día e hora/s en que se prestou e o nome e NIF da persoa ou empresa que emite a factura e prestou o servizo.
  • Xustificante bancarios que acrediten o pagamento da factura.
  • Xustificante documental da situación puntual que dá dereito á percepción da axuda: xustificante médico de enfermidade do/da neno/a, da persoa coidadora habitual ou do cónxuxe ou parella e de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade; certificado de asistencia a entrevistas de traballo ou cursos de formación; certificado de empresa acreditativo do motivo de carácter laboral que impide o coidado do/da neno/a ou declaración responsable e documentos de alta censual e de alta na Seguridade Social para o caso de traballadores/as autónomos/as.

Prazo de presentación: ata o 2 de setembro de 2019

Lugar de presentación

  • A través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social.
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información

  • Nos seguintes enderezos web: http://sede.xunta.es 
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Estrada de Tanxil, 12 - 981 86 00 61

Solicitude Formato Papel