Servizos Sociais

Para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares - Bono Coidado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono Coidado

Para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares

O programa ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.

Para os efectos, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:

  • Do 1 ao 7 de xaneiro
  • Do 15 ao 17 de febreiro
  • Do 29 de marzo ao 5 de abril
  • Do 23 de xuño ao 14 de setembro

Persoas beneficiarias

Pais/nais e titores/as de nenos/as de ata doce anos de idade, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:

  • Que o neno ou nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.
  • Que ambos proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando. No suposto de custodia compartida, cada proxenitor debera presentar unha solicitude individual.
  • Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tipo de axuda

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:

  • De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo. Así como, asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

Para ter dereito ás axudas as familias deberán acreditar atoparse nun dos seguintes supostos:

  • Enfermidade ou accidente do neno ou da nena ou da persoa coidadora habitual
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou da nena.
  • Situación puntuais de carácter laboral  da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou da nena.
  • Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
  • Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos proxenitores, titores/as acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.

Prazo de presentación:  ata o 30 de setembro de 2021

Lugar de presentación

  • A través da sede electrónica da xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información

  • Nos seguintes enderezos web: http://sede.xunta.es 
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Estrada de Tanxil, 12 - 981 86 00 61