Servizos Sociais

- Bono Concilia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono Concilia

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 12 de xullo de 2019.

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de 0-3, non sostidas con fondos públicos (DOG. nº 110 do 12/06/2019)

TIPO DE AXUDA: Unha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil de 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de 11 meses. A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Familias residentes na CA de Galicia que teñas menores nacidas/os con posterioridade ao 31 de decembro de 2016 que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
1. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2019/20 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
2. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2019/20 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
3. Obter praza en escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.
5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e solicitala para un irmán ou irmá.
6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos.

7. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supero o custo da praza.

8. Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente.

As persoas interesadas que se atopen nos supostos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3, optarán automaticamente ao programa do Bono Concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar unha nova solicitude.


Poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN

 

 

More Blog Entries