Servizos Sociais

Axudas para a atención en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos - Bono Concilia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono Concilia

Axudas para a atención en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos

O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de 0-3, non sostidas con fondos públicos (DOG. nº 114 do 17/06/2021)

TIPO DE AXUDA: Unha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil de 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de 11 meses. A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Familias residentes na CA de Galicia que teñas menores nacidas/os con posterioridade ao 31 de decembro de 2018 que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  1. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2021/22 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
  2. Ter solicitado praza en escola infantil de 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2021/22 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
  3. Obter praza en escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2021/22 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
  4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2020/21 e solicitala para a mesma nena ou neno.
  5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2021/22 e solicitala para un irmán ou irmá.
  6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís de 0-3 sostidas con fondos públicos.
  7. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supero o custo da praza.
  8. Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente.

As persoas interesadas que se atopen nos supostos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3, optarán automaticamente ao programa do Bono Concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar unha nova solicitude.

Poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 19 de xullo de 2021

Con carácter excepcional poderán presentar solicitudes fóra do prazo ordinario e con data límite do 29/10/2021 nos seguintes casos:

  • Familias que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos nas cales se producise un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade á finalización do dito prazo.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos ás cales se lles expedise a documentación acreditativa desta condición con posterioridade á finalización do dito prazo.
  • Galegas e galegos retornados a Galicia durante o ano 2021, que residisen fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes e para un concello onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN

 

Solicitude en formato papel