Servizos Sociais

- Bono de Alugueiro do Plan rehaVita - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono de Alugueiro do Plan rehaVita

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha liña de axudas para paliar os efectos dos desafiuzamentos por non pagamento das rendas de alugueiro

 

TIPO DE AXUDA

Axuda económica para asumir o custo do alugueiro da vivenda habitual, a unidades de convivencia respecto das cales xa fora ditada unha resolución xudicial de terminación do proceso de desafiuzamento por non pago de rendas de alugueiro.

 

CONTÍA

A contía de cada bono será de 150 € mensuais, ata un máximo de 12 bonos, prorrogables.
 

REQUISITOS

  • Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento xudicial de desafiuzamento por non pagamento das rendas de alugueiro, derivado dun contrato non inferior a 12 meses.

  • Que non transcorreran máis de tres meses entre a data da notificación da resolución xudicial e a presentación da solicitude.

  • Estar ó corrente das obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social

  • Que os ingresos da unidade de convivencia non superen o límite establecido

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo

 

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de novembro de 2015

Solicitude e anexos

 

MÁIS INFORMACIÓN

  • Instituto Galego de Vivenda e Solo (Praza de Europa - Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela / teléfono 981541982 / www.igvs.es)

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es)