Servizos Sociais

- Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda establece unha liña de axudas para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar.


TIPO DE AXUDA
A contía da axuda será de 150 € mensuais, ata un máximo de 12 meses, prorrogables


PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por non pagar a renda de alugueiro por motivos económicos ou resolución xudicial que ordene o desaloxo.
  • Persoas vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
  • Familias con dificultades económicas e non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos como consecuencia dunha circunstancia imprevista e sobrevida (incendio, inundación...)

REQUISITOS XERAIS

  • Que os ingresos da unidade de convivencia correspondentes sexan inferiores a 1,5 IPREM (9.585,18 €/ano)
  • Que teñan a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos os últimos 12 meses.
  • Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento en calquera concello da comunidade autónoma
  • Que nin a persoa solicitante nin ningún outro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou usufructo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN
Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es)


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o esgotamento da partida orzamentaria e, en todo caso, ata o día 30 de novembro de 2016

MÁIS INFORMACIÓN

  • Instituto Galego de Vivenda e Solo (Praza de Europa - Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela / teléfono 981541982 / www.igvs.es)
  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo

Formulario de solicitude e anexos