Servizos Sociais

- Campaña de Participación no Plan de Acollida á Poboación Siria Refuxiada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Campaña de Participación no Plan de Acollida á Poboación Siria Refuxiada

Ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra en Siria o concello de Rianxo, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, e en colaboración con outras administracións públicas da nosa CC.AA. está traballando no Plan de acollida da poboación Siria refuxiada.

Unha das primeiras medidas é a de realizar un inventario de recursos, tanto materiais como de servizos, do noso municipio para poñer a disposición desta poboación así como das outras administracións públicas involucradas no proceso de acollida co fin de coordinar do mellor xeito posible e mais axilmente os recursos.

Para este fin solicitamos a colaboración da veciñanza, empresas, colectivos, ... dispostos a participar neste plan para que presenten o/s formularios, nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello, coa súa dispoñibilidade e/ou participación.

Máis información / inscricións :

 Servizos Sociais Comunitarios:

Crta. de Tanxil, 12

Horario de atención: 08:00 a 15:00

Teléfonos: 981 860 061/ 667 185 588/ 667 185 593
Correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal

 https://sede.concelloderianxo.es/gal

Formulario Concello de Rianxo

Formulario Ministerio de Empleo y Seguridad Social