Servizos Sociais

- Campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene

Durante o mes de maio a Concellaría de Servizos Sociais realizará unha campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene en colaboración cos centros educativos.

Necesítanse produtos como por exemplo:

deterxente, suavizante, lava pratos, lixivia, desodorizante, xel, champú, papel hixiénico, pañais, compresas, maquinillas de afeitar, pasta de dentes, xabón, e moitos máis....

Os produtos que se recollan repartiránse entre as familias do concello con menos recursos económicos.

 

Se queres doar algún produto de hixiene ou limpeza pódelo deixar nos seguintes puntos de recollida:

- Unitarias do C.R.A. Rianxo

- Instituto Félix Muriel

- Escola Infantil

- Servizos Sociais

Cartaz anunciador

 

Se vostede quere facer algunha doazón para as familias con menos recursos económicos pódese poñer en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios:

Crta. de tanxil, 12  15920 Rianxo

981 860 061

servizos.sociais@concelloderianxo.es