Servizos Sociais

- Convocatoria do Cheque infantil - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Convocatoria do Cheque infantil

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do Cheque infantil (DOG n.º 102, 30/05/2012)

Persoas beneficiarias

Poderanse beneficiar desta axuda as persoas que teñan ó seu cargo menores nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 2009 e se atopen nalgún dos seguintes casos: 

  • que non resultaran adxudicatarias de praza en escola infantil sostida con fondos públicos por falta de prazas dispoñibles.
  • que residan en localidades onde non existan escolas infantís sostidas con fondos públicos e desexen obter axuda para centros privados de concellos limítrofes ou de concellos onde traballen os/as nais/pais.
  • fosen beneficiarias do cheque o curso anterior e manteñan o cumprimento de requisitos.

Tipo de axuda

Consiste nunha cantidade destinada ó pagamento da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de 11 meses. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar e do tipo de asistencia e o importe aboarase con carácter mensual directamente ás familias.

Prazo: ata o 30 de xuño de 2012

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Crta. de Tanxil, 12 / 981 86 00 61 /  servizos.sociais@concelloderianxo.es)

Solicitude e anexos