Servizos Sociais

Machismos sen miopías é un programa impulsado pola Deputación Provincial da Coruña que ten como principal obxectivo o de previr as violencias machistas a través da identificación e da toma de conciencia daquelas violencias menos visibles e incidir na importancia de erradicalas. - Machismos sen miopías - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Machismos sen miopías

Machismos sen miopías é un programa impulsado pola Deputación Provincial da Coruña que ten como principal obxectivo o de previr as violencias machistas a través da identificación e da toma de conciencia daquelas violencias menos visibles e incidir na importancia de erradicalas.


Este programa adopta a forma dun conxunto de obradoiros participativos, estruturados en torno a diferentes temáticas, nos que se combinará un formato de exposición teórica con técnicas de innovación social aplicadas a un contexto educativo. Isto fará que as persoas participantes sexan a parte central da construción do coñecemento.

Como resultado destes obradoiros xurdirá a Mostra das Violencias Invisibles, unha acción artístico-comunitaria, composta de obxectos que funcionarán como símbolos desas violencias invisibles abordadas durante os obradoiros. A maiores, todos estes obxectos serán fotografados e confeccionarase un catálogo que achegará unha visión profunda e complexa das diferentes formas de violencias machistas, o que facilitará ollar as
violencias machistas sen miopías.

O obradoiro que se vai a realizar no noso concello é As violencias machistas: unha linguaxe excluínte.

​​​Os días 10 e 12 de decembro ás 17:00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio.

 

É conveniente inscribirse:

Servizos Sociais Comunitarios (Est. de Tanxil, 12)

Teléfono: 981 860 061

correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal

whatsapp: 604 024 012

 

Programa do obradoiro