Servizos Sociais

- Medidas extraordinarias en relación coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Medidas extraordinarias en relación coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar

Con motivo da situación excepcional que se está atravesando e o estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, é necesario establecer unha serie de medidas temporais en canto á prestación do Servizo de Axuda no Fogar:

SAF DEPENDENCIA:

1. A prestación de servizos mínimos, cunha soa franxa horaria de atención, para as persoas usuarias que conviven con familiares.

2. Prestación do SAF coa intensidade habitual, ás persoas usuarias que viven soas ou que presentan unha problemática social e precisan da atención en varias franxas, previa avaliación técnica por parte dos Servizos Sociais.

3. Suspensión dos servizos de atención exclusivamente doméstica a aquelas persoas usuarias que contan con apoio familiar no domicilio.

 

SAF LIBRE CONCORRENCIA:

1. Prestación de Servizos ás persoas usuarias en días alternos

 

No caso de que as persoas usuarias teñan dúbidas en relación coa prestación do servizo, poderán contactar cos Servizos Sociais Comunitarios no teléfono 981 860 061.