Servizos Sociais

Proxección hoxe do documental Noite irisada no instituto Félix Muriel para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. - Noite Irisada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Noite Irisada

Proxección hoxe do documental Noite irisada no instituto Félix Muriel para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

A Deputación da Coruña subvenciona a proxección do documental "Noite Irisada", un documental de memoria, amor e loita dos colectivos de gays e lesbianas en Galicia.

Ten unha duración de 62 minutos e está dirixido por Bea Campaña, no que os protagonistas son principalmente mulleres e homes que durante décadas pelexaron e defenderon os dereitos das lesbianas e dos gays en Galicia. Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana Pérez, Braulio Vilariño ”Lalo”,  Eli Pérez, Xabier Maañón, xunto á poeta Lucía Aldao e á estudosa Mariam Mariño dánnos testemuño desta loita.  Único documental desta temática realizado en Galicia.

Unha vez rematada a proxección do documental haberá un coloquio no que participará Nanina Santos Castroviejo (activista, feminista e escritora galega).


​​​​​​​