Servizos Sociais

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” e o concello de Rianxo ofrecenlles ás familias con crianzas menores de 6 anos un espazo onde compartir experiencias e inquedanzas. - Presentación do programa Espazo Familias. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Presentación do programa Espazo Familias.

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” e o concello de Rianxo ofrecenlles ás familias con crianzas menores de 6 anos un espazo onde compartir experiencias e inquedanzas.

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por extraballador@s da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolta por Preescolar na Casa.

A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”, ofrece ás familias con crianzas menores de seis anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e con un profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.

Estes encontros, denominados “Espazos das Familias”, teñen como fin que os pais e as nais, en definitiva as familias, conten con un lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas; coñezan actividades que lles permitan afrontar unha maternidade e paternidade responsable e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas e, por extensión, da sociedade futura; e favorezan que nenas e nenos se atopen con outros da mesma ou parecida idade e cos adultos.

Tanto se o voso fillo ou filla asisten á escola infantil coma se non, podedes participar xa que é un espazo de Formación de Pais. Xuntámonos cada semana para compartir dúbidas e experiencias coas demais familias, facendo actividades axeitadas a cada idade nas que poidades xogar relaxadamente coas vosas crianzas.

Para coñecer máis polo miúdo o programa de "Espazo Familias" convidámosvos a asistir á primeira reunión que terá lugar o vindeiro día

Martes, 19 de outubro de 2021 ás 10’30 horas

no Auditorio de Rianxo

Para apuntarvos, e tamén se precisades máis información ou non podedes asistir ese día podedes chamar aos teléfonos: 627 542 532 ou 607 804 823  


​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​