Servizos Sociais

- Bono Concilia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Bono Concilia

 O programa, convocado pola Consellería de Política Social, contempla axudas económicas para a atención de nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos (DOG n.º 82 do 29/04/2016)
 

TIPO DE AXUDA

Unha cantidade mensual para contribuír ó pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, por un período máximo de 11 meses. A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

Familias con menores nacidos/as con posterioridade a 31 de decembro de 2013 e se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  1. Ter solicitado praza en escola infantíl 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2016/17 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
  2. Ter solicitado praza en escola infantíl 0-3 sostida con fondos públicos para o curso 2016/17 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
  3. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2016/17 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
  4. Fosen beneficiarias do Cheque Infantil o curso anterior e solicitar para a mesma nena ou neno ó abeiro do Bono Concilia.
  5. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

- As persoas interesadas que se atopen nos supostos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3, optarán automaticamente ó programa do Bono Concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar unha nova solicitude.

- Poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo da valoración do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación.


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de maio de 2016

 

Presentación de solicitudes:

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo

  • Tramitación por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

 

Máis información:

Formulario de solicitude e anexos