Servizos Sociais

- Aberta a convocatoria do Programa Vacacións en Paz 2017 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Aberta a convocatoria do Programa Vacacións en Paz 2017

O Concello de Rianxo colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para desenvolver o programa de Vacacións en Paz no próximo ano 2017.

A finalidade do dito programa é que os nenos e nenas saharauis pasen os meses de verán (xullo e agosto) en Galicia con familias acolledoras, evitando a súa permanencia nos campamentos durante os meses de maiores temperaturas.

As persoas interesadas en participar no dito programa, deberán contactar á maior brevidade posible cos Servizos Sociais Comunitarios ou coa entidade Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), preferentemente antes do 13 de outubro de 2016.

Máis información:

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos
  • Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui: 986 262 637 / info@sogaps.org / http://www.sogaps.org