Servizos Sociais

- Programa de vacacións para maiores do IMSERSO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Programa de vacacións para maiores do IMSERSO

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.

  • Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.

  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

  • Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que este reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2012 e xuño de 2013, segundo a modalidade:

  • Estadías en zonas costeiras.

  • Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.

  • Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

  • Intercambio con outros países.

PRAZO: 16 de outubro de 2012

SOLICITUDES E INFORMACIÓN: