Servizos Sociais

- Programa Termal 2013 - 2014 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Programa Termal 2013 - 2014

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración con La Toja Travel, organiza "Programa Termal" que consiste en circuitos de saúde e ocio no Grove e en Baiona.

O "Programa Termal" diríxese a persoas maiores de 50 anos, ou menores desa idade con necesidade de respiro familiar, que se valan por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria e non padezan enfermidade ou patoloxía incompatible coas actividades do programa.

O programa inclúe:

  • Aloxamento durante 5 noites (de domingo a vernes) no Grove ou en Oia
  • Pensión completa
  • Uso das instalacións termais, con 4 tratamentos balneoterápicos
  • 1 masaxe local
  • 2 excursións
  • Guía acompañante
  • Seguro de viaxe
  • Transporte de ida e volta

Destino O Grove:

  • Aloxamento no Hotel Spa Norat (3 estrelas): 179 €/persoa en cuarto doble
  • Aloxamento no Hotel Norat Marina & Spa (4 estrelas): 199 €/persoa en cuarto doble

Destino Baiona:

  • Aloxamento no Talaso Atlántico (4 estrelas): 272 €/persoa en cuarto doble

As solicitudes recolleranse e presentaranse nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos ata o o mes de maio de 2014.

Diptico informativo e itinerario

Solicitude

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos