Servizos Sociais

- Servizo de voluntariado xuvenil - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Servizo de voluntariado xuvenil

O Concello de Rianxo precisa persoas voluntarias, con idade comprendida entre 18 e 30 anos, interesadas en participar nalgún dos seguintes proxectos:

  • Actividades de Envellecemento Activo
  • Actividades relacionadas con colectivos en situación de risco
  • Actividades relacionadas coa igualdade de xénero

A actividade que se realice terá unha duración entre 15 e 60 días, previsiblemente en xornadas de 6 horas e desenvolverase antes do 15/10/2012. Será preciso que as persoas voluntarias permanezan no proxecto toda a duración deste.

Ademais, os/as voluntarios/as contarán con seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante todo o tempo de colaboración e ó seu remate recibirán por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, un certificado de educación non formal acreditando a acción voluntaria desenvolta.

Máis información en Servizos Sociais