Servizos Sociais

- Escola de Familias. Sesións abertas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Escola de Familias. Sesións abertas

A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade considera de gran interese a Escola de Familias e ábrese ao público xeral a participación en sesións gratuítas con expertos e expertas no ámbito.

As seguintes charlas desenvolveranse os venres ás 19:30 no Auditorio Municipal.

 

- 11 de marzo. QUERERSE BEN: afecto, apego e relacións. Experta: Sandra Mª Fernández Román.

- 6 de maio. CREANDO HÁBITOS SAUDABLES: nutrición e actividade física. Experta: Nelly Rey Rey.

- 13 de maio. COMUNICACIÓN POSITIVA: Educación en valores. Experto: Juan Antonio Pulido.

- 10 de xuño. SABER ESTAR: límites, normas e responsabilidades. Experta: Teresa Hernández Armentia.

A entrada é libre ata completar aforo.