Servizos Sociais

- Tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise da COVID-19 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

SERVIZOS SOCIAIS

Tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise da COVID-19

A Consellería de Política Social asinou un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para a posta en marcha dun programa de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situacións de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19, a través de tarxetas-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben por carecer de ingresos efectivos ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lles correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA (art.21 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).
  •  Que non sexan perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual.

Contía das axudas económicas:

As tarxetas-moedeiro cárganse con distintos importes de axuda en función do número de persoas integrantes da unidade familiar:

  1. Unha persoa: 150€/mes
  2. Dúas persoas: 200€/mes
  3. Tres ou mais persoas: 300€/mes

As tarxetas irán cargándose, con periodicidade mensual, cos importes de referencia, durante os tres meses seguintes á súa entrega.

Máis información:

  • Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rianxo. (Estrada de Tanxil, 12 // Telf: 981 860 061)