Servizos Sociais

- TEATRO: Escenas de Familia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

TEATRO: Escenas de Familia

Este venres 12 de Febreiro ás 20:30h no Auditorio de Rianxo, terá lugar a estrea da Obra 'Escenas de Familia'. Esta é unha obra dirixida por Sther F. Carrodeguas (Rianxo) está fundamentada na potenciación de capacidades das persoas desde unha perspectiva inclusiva, dado que foi creada e será escenificada por persoas con discapacidade da Aula Ocupacional Municipal de Rianxo e persoas sen discapacidade do mesmo Concello.

Momentos antes, sobre as 20:00h inaugurarase tamén a Exposición 'Sorrisos Colgados'. Este é un traballo realizado a partir dos obradoiros de expresión corporal previos á creación da Obra 'Escenas de Familia'. As fotografías foron realizadas por 'A Fiestra Fotografía' (Boiro).