Servizos Sociais

Teléfono Social de acompañamento ante a crise do COVID - Teléfono social 900 400 800 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Teléfono social 900 400 800

Teléfono Social de acompañamento ante a crise do COVID

A Xunta de Galicia activou o Teléfono Social (900 400 800) co obxectivo de ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta situación de crise sanitaria, especialmente a aquelas persoas máis vulnerables.

Neste sentido, o teléfono social diríxese a varios colectivos, entre eles as persoas que viven ou se sinten soas e queren manter unha conversa. Estas chamadas, que son atendidas por preto de 100 voluntarios e voluntarias inscritos e supervisados pola Xunta de Galicia, serven para loitar contra a soidade que afecta especialmente ás persoas maiores, sen esquencer que no antedito teléfono se atende tamén a:

- Persoas que necesitan apoio psicolóxico, que son derivadas a un profesional deste ámbito.

- Persoas que alertan sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social.

- Persoas que chaman para ofrecerse como voluntarias, que son atendidas polo servizo de Voluntariado da Xunta de Galicia.

- Persoas que chaman para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, que son solucionadas ou ben redirixidas ao 012.