Servizos Sociais

- Termalismo Social do Imserso - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo Social do Imserso

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días ou de 10 días cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres de uso compartido. Incluíra tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  • Pensionistas de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
  • Persoas de nacionalidade española e que residan no estranxeiro, que sexan pensionistas, aseguradas ou beneficiarias do sistema de Seguridade Social español e cumpran os requisitos xerais e de idade.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable e de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade ou dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ao 45%.

REQUISITOS XERAIS

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamento termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

PRAZO DA SOLICITUDE

Deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios
  • Centros dependentes da Consellería de Política Social
  • Xefaturas Territoriais da Consellería e Política Social
  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso.
  • Por correo ordinario, en sobre franqueado sen certificar.

MAIS INFORMACIÓN

Teléfono do IMSERSO: 901 109 899 /900 406 080

Enderezo Web do IMSERSO:  https: //www.imserso.es

Balnearios participantes