Servizos Sociais

- Termalismo Social do IMSERSO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo Social do IMSERSO

O programa contempla o aloxamento en habitacións dobres de uso compartido, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días.


PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español.
  • Pensionistas de viuvez do sistema da Seguridade Social española, con 55 anos ou máis.
  • Persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, ou pensionistas por outros conceptos do sistema da Seguridade Social, con 60 anos ou máis.
  • Persoas aseguradas ou beneficiarias do sistema da Seguridade Social española, con 65 anos ou máis.
  • Persoas de nacionalidade española e que residan no estranxeiro, que sexan pensionistas, aseguradas ou beneficiarias do Sistema de Seguridade Social español e cumpran os requisitos xerais e de idade.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable e de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade ou dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ó 45%.

 

REQUISITOS XERAIS

  • Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.

 

PRAZOS DE SOLICITUDE

  • Para as quendas de febreiro a agosto (ambos inclusive): ata o 4 de xaneiro de 2018
  • Para as quendas de setembro a decembro (ambos inclusive): ata o 11 de maio de 2018

A solicitude poderase presentar fóra destes prazos pero incluíndose nunha lista de agarda.

Se a temporada pasada xa participou no programa, o IMSERSO remitiralle por correo ao domicilio un modelo simplificado para renovar a dita solicitude

 

Solicitude de participación no programa (formato papel)

 

Máis información

Folleto informativo

Balnearios participantes

More Blog Entries