Servizos Sociais

- Termalismo Social IMSERSO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo Social IMSERSO

O programa contempla o aloxamento en habitacións dobres de uso compartido, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días.


PERSOAS BENEFICIARIAS

Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español.

Pensionistas de viuvez do sistema da Seguridade Social española, con 55 anos ou máis.

Persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, ou pensionistas por outros conceptos do sistema da Seguridade Social, con 60 anos ou máis.

Persoas aseguradas ou beneficiarias do sistema da Seguridade Social española, con 65 anos ou máis.

Persoas de nacionalidade española e que residan no estranxeiro, que sexan pensionistas, aseguradas ou beneficiarias do sistema de Seguridade Social español e cumpran os requisitos xerais e de idade.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable e de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade ou dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ao 45%.

 

REQUISITOS XERAIS

Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nin enfermidade infecto-contaxiosa.

Valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria.

Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.

 

PRAZOS DE SOLICITUDE

Para as quendas de febreiro a agosto (ambos incluídos): ata o 10 de xaneiro de 2020

Para as quendas de setembro a decembro (ambos incluídos): ata o 15 de maio de 2020

A solicitude poderase presentar fóra destes prazos, pero incluirase nunha listaxe de agarda.

Se a temporada pasada xa participou no programa, o IMSERSO remitiralle por correo ao domicilio un modelo simplificado para renovar a dita solicitude.

 

Presentación telemática da solicitude. Consulta de trámites

Solicitude de participación no programa (formato papel)

 

Máis información

Teléfono do IMSERSO: 901 109 899

Enderezo Web do IMSERSO

Balnearios participantes