Servizos Sociais

- XENIA: Proxecto de acollida para familiares de persoas hospitalizadas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

XENIA: Proxecto de acollida para familiares de persoas hospitalizadas

O proxecto XENIA ofrece un espazo de acollida e encontro para os familiares que acompañan a persoas hospitalizadas  en media/longa estancia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) así como a persoas que reciben tratamentos ambulatorios que provocan efectos secundarios agresivos e carecen de rede familiar ou social de apoio nas primeiras horas.

O dito servizo de acollida conta cun piso situado nas proximidades do CHUS que dispón de dous dormitorios e que poderán usar pacientes ou acompañantes destes, que residan a  máis de 15 km de distancia do hospital.

Este proxecto coordínase por Cáritas Parroquial do Milladoiro e conta coa colaboración de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e a Capellanía do CHUS.

Máis información:

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
  • Cáritas Parroquial do Milladoiro (Ames): 678 512 276
  • Capellanía do CHUS: 629 492 458