Servizos Sociais

- Xuntos polo Nadal 2016 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Xuntos polo Nadal 2016

A Consellería de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, dirixido ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal e poidan así pasar estas datas acompañadas doutras persoas que se atopan na mesma situación.

O programa contempla o aloxamento durante 11 días (10 noites), manutención en réxime de pensión completa, actividades de animación sociocultural e o desprazamento desde Santiago de Compostela.

Datas: Desde o 23 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017

Lugar: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)

Requisitos

  • Ter que pasar só/a as datas do Nadal
  • Ter 60 anos cumpridos
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia
  • Non estar acollido/a en ningún centro residencial

Custo do programa:

  • Solicitantes con ingresos mensuais inferiores ao IPREM (532,51 €/mes): a asistencia é gratuíta
  • Solicitantes con ingresos que superen a cantidade indicada anteriormente: 50 €

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23 de novembro de 2016

Máis información:

  • Teléfono Social: 900 333 666
  • Enderezo web da Consellería de Política Social: http://benestar.xunta.es
  • Servizos Sociais Comunitarios

Formulario de solicitude

Declaración responsable