Turismo

O programa de roteiros Goza do Ulla volve ao litoral rianxeiro coa ruta das Trece Cruces. - Goza do Ulla: As Trece Cruces - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Goza do Ulla: As Trece Cruces

O programa de roteiros Goza do Ulla volve ao litoral rianxeiro coa ruta das Trece Cruces.

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro.

O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. Tamén se bordeará o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro. O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada.

Información da ruta:
​​​​​​​Data: 8 de outubro
Hora de inicio: 09:30 h
​​​​​​​Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161)
Duración (aprox.): 4 horas
Distancia (aprox.): 11 Km

Inscricións (ata o martes 4 de outubro ás 12:00):
Telf.: 604 023 753
Correo-e: turismo@concelloderianxo.gal