Verán Cultural 2021 - Concello de Rianxo
CONDICIÓNS / PAUTAS DE DESENVOLVEMENTO DA PROGRAMACIÓN
ESPAZOS / LUGARES DE REALIZACIÓN
A maioría dos espectáculos / eventos desenvolveranse maiormente en espazos exteriores. O desenvolvemento desta programación artéllase a partir das medidas e recomendacións dos protocolos establecidos pola Administración competente para este tipo de eventos, así como daquelas outras que se poidan ditar en función da situación epidemiolóxica.
Unha gran parte da programación desenvolverase no exterior do CEIP Castelao, onde se habilitou un espazo con capacidade para 250 espectadores, que, no caso de algún evento, poderá chegar ás 400.
MEDIDAS COVID DO CONCELLO DE RIANXO NO VERÁN CULTURAL 2021
- Só poderán acceder as persoas con reserva confirmada de localidade
- Non poderán acceder persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.
- Uso obrigatorio de máscara en todo momento.
- Uso obrigatorio das solucións hidroalcohólicas na entrada, saída e accesos aos aseos.
- Distancia social de 1,5 m en todo momento. Evitar aglomeracións.
- Non está permitido cambiar de asentos e/ou mover as cadeiras do seu sitio.
- Obrigatorio estar sentado durante todo o evento.
- Prohibido fumar, comer e/ou e beber (agás auga).
- Atender e respectar os sinais e indicacións de circulación, espera, acomodación, etc.
RESERVA DE PRAZAS
- As reservas deberán solicitarse a través do formulario web https://concelloderianxo.gal/reservas e dentro do prazo que se determine para cada actividade.
- Non se permitirán grupos superiores a seis persoas.
- O solicitante disporá de localidade só cando reciba confirmación do Concello (a mera solicitude non é suficiente).
- A confirmación inclúe a indicación nominal de cada localidade (número e persoa), tanto para o espazo principal como para, de darse o caso, o espazo alternativo.
- O lugar de referencia para consultar a información do Verán Cultural (programación, modificacións, suspensións, traslados, medidas, etc.) será a web concelloderianxo.gal
- A solicitude de reserva implica a aceptación das condicións das medidas COVID e do proceso de reserva






Debido ás condicións meteorolóxicas, adíase o concerto de Óscar Ibáñez&Tribo para o domingo 8 de agosto.
Debido ás previsións meteorolóxicas, varias das propostas do festival Titiriberia cambian de lugar de realización:
XOVES 22 – 20:00 h – Mesa Redonda “ Títeres e medios. Unha relación inexistente” con Comba Campoi - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
VENRES 23 – 12:00 h – “VACACIÓNS NO MAR” a cargo de MIRCROMINA - Patio do Ceip Ana Mª Diéguez Asados- Público familiar
VENRES 23 – 20:30 h – “MALDITA MÁSCARA” a cargo de INDIGNATI (estrea) - Centro Cultural A Capela Araño - Todos os públicos
VENRES 23 – 23:00 h – "As Varietés do Barriga Verde" a cargo de varios artistas. Presenta Iria Pinheiro - Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - Público adulto
SÁBADO 24 – 20:30 h – Presentación do libro "Fábulas da montaña" de Inacio Vilariño - Salón de Actos do Auditorio de Rianxo +2 anos
SÁBADO 24 – 21:00 h – “FEIRA DAS SEMENTES” a cargo de BABALUVA (estrea) - Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo +2 anos