Novas de interese

- Acreditación de competencias profesionais - Novas de interese

Navigation Menu

Novas de interese

Acreditación de competencias profesionais

 

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en diferentes unidades de competencia das familias profesionais:

Administración e Xestión, Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga, Edificación e Obra Civil, Fabricación Mecánica, Hostalaría e Turismo, Industrias Alimentarias, Instalación e Mantemento, Madeira e Moble, Química, Sanidade, Servizos Socioculturais e á Comunidade e Transporte e Mantemento de Vehículos.

Os requisitos son ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total. 

As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), ou realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2013.

Convocatoria DOG

00

More Blog Entries

Engadir comentarios