A Fundación Barrié convoca 45 bolsas coas seguintes características:
Modalidade A: ata 25 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos con vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses. Modalidade B: ata 5 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos sen vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
A dotación da bolsa inclúe asignación mensual, gastos de matrícula coas condicións establecidas nas bases, transporte e seguro, a xestión do proceso de solicitude e asesoramento integral durante a bolsa e a rede de coñecemento e apoio da súa Asociación de Bolseiros, con máis de 800 asociados.
Os requisitos dos candidatos/as son ter nacionalidade española, vinculación con Galicia, bó expediente académico, alta motivación para completar un proxecto claro e de impacto social, dominio da lingua de traballo do país de destino e ter unha titulación universitaria.
A solicitude está dispoñible en http://becasposgrado.fbarrie.org e o prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2013.
Fundación Barrié
Convocatoria