O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 592,28 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Poden ser beneficiarios/as os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2011-2012, 2010-2011, ó 2009-2010, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 8,00 puntos; ou os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 8,00 puntos, nalgún dos seguintes cursos: 2011-2012, 2010-2011, ó 2009-2010.
Os cursos, en inglés especializado nas áreas de Sociais, Ciencias e Inglés terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Os cursos terán lugar en Santander, Cuenca, Valencia, Granada, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 9 de decembro de 2013.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2013.
Ministerio de Educación
Convocatoria BOE